As Xornadas Martín Sarmiento celebránse este ano en Vilafranca e Corullón Imprimir
Martes 05 de Marzo de 2019 08:32

Corullón acollerá inicialmente o luns día 11 de marzo aos alumnos/as de SecundariaCorullón acollerá inicialmente o luns día 11 de marzo aos alumnos/as de SecundariaA Comisión Cultural Martín Sarmiento organiza dende o ano 2005 unhas xornadas para manter viva a memoria da vida e da obra do erudito nacido en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695.

As xornadas contan coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o que permite consolidar o denominado Día Escolar do Galego no Bierzo que garantiza a interacción desta figura senlleira das Letras Galegas e do seu legado, especialmente o lingüístico, co alumnado e profesorado do Programa de Promoción do Galego na comarca, así como o conxunto das administraciois responsables do mesmo.

Un dos últimos logros das Xornadas Martín Sarmiento no referente á dinamización da lingua na comarca foi a elaboración do Decálogo dos novos espazos para o galego no Bierzo que se aprobou por unamidade no Consello Comarcal do Bierzo o 2 de marzo de 2018 co que a promoción lingüística procura novas dimensiois.

Seguindo o fío condutor deste acordo institucional, na presente edición das Xornadas inaugurase unha etapa na que as administraciois locais bercianas que falan galego teñan un protagonismo especial. É por iso polo que ademais de realizar actividades en Vilafranca, como a vila natal do erudito homenaxeado, iráse sumando en cada edición a un concello coa idea de desenvolver na localidade escollida un labor específico de promoción da lingua.

Este ano será Corullón a localidade que acolla inicialmente o luns día 11 de marzo aos alumnos/as de Secundaria, que abordarán eilí os Intercambios do Día Escolar do Galego no Bierzo. "Temos que agradecer ao goberno municipal a súa disponibilidade que va permitir con toda seguridade ir asentando en cada un dos concellos galegofalantes iniciativas necesarias de dinamización cultural de interese de cara ao futuro", subliñan os organizadores.

 

Utilizamos cookies para mejorar su experiencia de navegación. Al utilizar esta web usted acepta el uso que hacemos de las mismas. Para saber más sobre las cookies visite política de privacidad.

Acepto las cookies de esta web.

EU Cookie Directive Module Information