El Parlamento de Galicia pide una mayor defensa del gallego en el Bierzo Imprimir
Viernes 15 de Junio de 2007 10:50

El Parlamento de Galicia aprobó esta semana por unanimidad una proposición no de ley, a instancias del Grupo Parlamentario del Bloque Nacionalista Galego,  para la adopción de medidas en defensa del idioma gallego en los territorios gallegohablantes, como el Bierzo, que actualmente no forman parte de la Comunidade Autónoma de Galicia. Entre las medidas cuya adopción se reclama están la oferta de cursos de gallego para funcionarios públicos, el fomento de su uso en la administración local o la recuperación de la toponimia, además de mejorar la recepción de las señales de la Radio Galega y la Televisión Galega.


El texto completo de la iniciativa aprobada es éste:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que nun marco de respecto e colaboración institucionais se proceda a negociar cos gobernos das comunidades autónomas con territorios nos que se fala a lingua galega a posta en marcha das seguintes medidas:

1. A sinatura de convenios de colaboración con aquelas comunidades autónomas coas que aínda non están subscritos para impulsar, naquelas comarcas nas que se fala galego, a popularización social do uso da nosa lingua e a potenciación do seu uso, nomeadamente no ensino.

2. Nos convenios de colaboración xa subscritos ou a subscribir prestaráselle especial atención, contando co apoio preciso do goberno de Galicia, sempre no escenario do necesario concerto e concertación, ás seguintes materias:
a. Realización de estudos sociolingüísticos.
b. Oferta de cursos de galego para traballadoras e traballadores da función pública.
c. Fomento da utilización do galego nas administracións locais das áreas galegófonas.
d. Recuperación das formas propias da toponimia propias dos territorios de fala galega a través da constitución de comisóns mixtas.

3. Propiciar a sinatura de convenios para mellorar a recepción do sinal da Radio Galega e Televisión de Galicia nesas comarcas, así como aumentar a presenza da información sobre estas zonas na CRTVG, creando mesmo, de ser posible, programas territoriais propios.

4. Apoio ás organizacións sociais que se esforzan na promoción do galego nestas comarcas.

5. Apoiar e subvencionar o uso do galego –escrito ou oral- por parte dos medios de comunicación nestas comarcas.

6. Estender a estas comarcas o fomento da lectura en galego”.

 

Utilizamos cookies para mejorar su experiencia de navegación. Al utilizar esta web usted acepta el uso que hacemos de las mismas. Para saber más sobre las cookies visite política de privacidad.

Acepto las cookies de esta web.

EU Cookie Directive Module Information